Agrícola Suárez

Servizos

Reparación, venda e alugueiro de maquinaria agrícola, con recambios e máquinas de ocasión.

  • Taller e reparación

    Mantemento, diagnose e reparación de tractores e maquinaria agrícola no noso taller de Xinzo de Limia.

    • Revisións e posta a punto antes da campaña
    • Mecánica, hidráulica e electricidade
    • Reparación de apeiros, empacadoras e equipos de forraxe
  • Venda de maquinaria nova

    Tractores Massey Ferguson, Fendt e Iseki, e maquinaria agrícola e forestal para solo, sementeira, pataca e forraxe.

    • Asesoramento segundo a túa explotación e os teus cultivos
    • Entrega e posta en marcha
    • Recambio e asistencia posvenda no mesmo taller
  • Alugueiro de maquinaria

    A máquina que precisas, o tempo que a precisas. Consúltanos a dispoñibilidade para a túa campaña.

    • Para puntas de traballo ou labores concretos
    • Unha alternativa á compra cando o uso é ocasional
  • Recambios e accesorios

    Pezas, recambios e accesorios para tractores e apeiros, con ofertas periódicas no mostrador.

    • Recambio orixinal AGCO Parts para Massey Ferguson e Fendt
    • Aceites, pezas de desgaste e recambio para outras marcas
  • Maquinaria de ocasión

    Tractores, empacadoras e equipos de forraxe de segunda man. Publicamos as novidades nas nosas redes.

    • Tractores e apeiros usados
    • Pregunta polo que buscas: o stock cambia cada semana
  • Agricultura de precisión

    Sistemas de autoguiado e liñas ISOBUS instalados e postos en marcha no teu tractor.

    • Autoguiado para cultivo extensivo e viñedo
    • Instalación de liñas ISOBUS
    • Formación e posta en marcha de equipos

Precisas unha reparación ou un orzamento?

Cóntanos que máquina tes e que precisas.